Translate

domingo, 21 de octubre de 2012

A alimentación e o Cáncer

Hoxe vámanos a centrar na repercusión da alimentación nunha das enfermidades cada día máis común na poboación; o cáncer.
Vamos a tratar este tema dende un punto de vista no que utilizaremos a alimentación como un factor preventivo en sitacións oncolóxicas, e tamén falar de aqueles alimentos que poden incrementar o número de casos desta enfermidade na poboación.
No ano 1984, o Instituto Nacional de Cáncer de Estados Unidos estableceu que un 35 % dos casos nos que había presencia de tumores, se relacionaba directamente con factores alimenticios. Logo de moitos estudos durante varios anos, sitúase a alimentación como un dos grandes factores no risco tumoral, ca influecia de outros factores externos.
En 1997 publícase un informe global sobre a alimentacion-cáncer. Nese informe global encontramos unha serie de recomendacións dietéticas; así como:
  • Elixir dietas predominantes en vexetais
  • Dedicar unha hora ó día a realizar  exercicios ou camiñar
  • Limitar as bebidas alcohólicas
  • Limitar o consumo de carne: Estes alimentos conteñen aceites saturados que, ademáis de producir colesterol, favorecen o desarrollo de células canceríxenas.
  • Limitar o consumo de alimentos grasos, especialmente de orixe animal
  • Limitar o consumo de alimentos salados
No lugar de todos aqueles alimentos que son perxudiciais, podemos encontrar moitos outros alimentos que reemplazaríamos por aqueles que non son aconsellables; por exemplo:
  • No lugar das carnes roxas podemos consumir pescado azul que contén ácidos grasos Omega-3 que inhiben ou retrasan o crecemento de células canceríxenas
  • A utilización de fibra en lugar dos azucres que contén a bollería consumida nos desayunos, por exemplo. Unha das grandes vantaxas que ten a fibra é que favorece a expulsión de toxinas coas deposicións, evitando así a súa acumulación no torrente sanguíneo.

Por outra banda, tamén podemos encontrar alimentos que colaboran na prevención. Así falamos de alimentos protectores, tales como cereales integrales, frutas e verduras frescas.
A razón pola que esta serie de alimentos colaboran na prevención é que conteñen fibra, vitaminas e minerais que participan na barreira defensiva-inmunolóxica, que posúen propiedades antioxidantes que actúan con papel protector neutralizando os canceríxenos que actúan sobre os cromosomas...; e  os axentes fitiquímicos que son substancias naturais presentes en plantas, que preveñen da activación de peligros oncoxénicos responsables do cáncer, por ende, son substancias con poderes anticanceríxenos.

Para máis información poden consultar as seguintes páxinas:


Este é un breve resumo da repercusión dos alimentos no cáncer, mostrando cifras e datos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario