Translate

miércoles, 24 de octubre de 2012

O calcio

  Hoxe vamos a falar dun  mineral moi importante para a saúde dos nosos ósos; o calcio.
Pero antes vamos a ver o funcionamento dos nosos ósos como texidos que son. Os ósos son texidos vivos que constantemente se descompoñen e reemplazan; polo tanto o corpo vai a buscar un equilibrio entre a pérdida e ganancia de texido. Tamén cabe mencionar que a maior masa ósea se alcanza aproximadamente ós 30 anos, a partir dos cales se comeza a perder masa.
  O que pode ocorrer ca pérdida de texido é que se desencadene una enfermidade que debilita os ósos, conocida como osteoporosis que pode conlevar a una discapacidade ou á morte nos casos máis severos.
  Entón, para que isto non ocorra, o noso organismo utiliza grandes cantidades tanto de vitamina D como de calcio para manter un equilibrio e reducir o risco de padecer certas enfermidades como a mencionada anteriormente.

                PERO, ¿CÓMO INTERVÉN O CALCIO NO NOSO ORGANISMO?
  Pois ben, o calcio é un macromineral que maior presencia ten no noso organismo, e a súa proporción total é arredor dun 1,5 a 2% do peso corporal, dos cales un 99 % se concentra en ósos e dentes, mentres que o 1% restante distribúese polo torrente sanguíneo, líquidos intersticiais e células musculares.
  A súa absorción lévase a cabo no duodeno e tamén ó largo do tracto gastrointestinal, pero só se absorbe entre un 10 a un 40% xa que o resto vai a ser eliminado por feces, orina e o sudor.  Pero para a súa absorción é necesaria a presencia da vitamina D. Esta vitamina é soluble en graxas, polo que se almacena no texido graso.

                ¿CÁLES SON AS FUNCIÓNS QUE DESEMPEÑA O CALCIO?
  • Os ións de calcio colaboran na coagulación da sangue
  • Forma parte da estrutura de ósos e dentes
  • Precísase para a correcta absorción da vitamina B12
  • Axuda a regular o nivel de colesterol na sangue
  • Axuda a regular o ritmo cardíaco, na compañía do magnesio
  • Necesario para previr e combatir a osteoporosis
  • Axuda a reducir os niveles de histamina, podendo así disminuir as alerxias
  • Participa na absorción e secreción intestinal

  Estas son algunhas das funcións coñecidas do calcio, pero o seu déficit pode provocar consecuencias como a aparición de osteomalacia, raquitismo, calambres musculares, dentes defectuosos, convulsión e deterioro cerebral, alteracións no sistema nervioso... entre moitas outras.

  Tanto a calcio como a vitamina D podémolos encontrar de forma natural en diversos alimentos. O calcio podémolo encontrar en alimentos lácteos, pan, hortalizas, frutos secos, pescados e mariscos; a vitamina D tamén en pescados como salmón e atún, cerales e ovo...
  Ambos nutrientes  están a disposición como suplementos nutritivos para aquelas persoas que por diversas causas non reciben suficiente vitamina D ou calcio. É problable que se precise nos casos en que:
-Pase pouco tempo o sol
-Teña a pel moi escura
-Teña máis de 50 anos de idade
-Sexa muller postmenopáusica
-Come poucos lácteos

  Polo tanto, como vemos o calcio ten unha gran importancia no noso organismo, non poderíamos vivir sen él, polo que é de gran importancia consumilo en cantidades axeitadas. As cantidades diarias recomendadas (CDR) son:
  •    Na muller adulta 1000 mg ó día; na muller postmenopáusica 1500mg ó día; na muller adolescente 1200mg ó día
  •    No home adulto de 500 a 1000mg ó día

  A continuación móstrovos un artigo que pertence a un diario no que aparecen unha serie de recomendacións para previr a osteoporosis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario