Translate

martes, 30 de octubre de 2012

Molécula antifame: un novo descubrimento natural en saúde

Un novo descubrimento en saúde é a produción da fagomina. Moitos de vós seguro que non oístes falar nunca deste tipo de molécula, pero a continuación explicareivos que é, e que función exerce no noso organismo.
Pois ben, a fagomina trátase dun imonoazúcre natural, pouco coñecido ata agora, que está presente na dieta humana dende fai séculos e que se considera como un análogo da glicosa, azucre que encontramos en moitos dos alimentos que consumimos e responsable de moitas das funcións do noso organismo.
Este ingrediente pode proporcionar beneficios nutricionais, como é de asimilar de forma adecuada os carbohidratos refinados, mellorar a flora intestinal e evitar mecanismo de acumulación rápida dos nutrientes, polo tanto podemos dicir que reduce os riscos asociados ó consumo de fariñas e azucres. Esta proposta de investigación está destinada a combater un dos grandes problemas na saúde do ser humano, o sobrepeso.
A fagomina podémola encontrar no trigo sarraceno. Este tipo de planta dáse en determinadas zonas do norte da península e tamén principalmente nun lugar de Girona chamado Olot, en dónde se está intentando recuperar mediante a cociña volcánica.

¿Cómo funciona a fagomina?
Cando consumimos un alimento rico en azucres refinados, prodúcese un exceso de glicosa na sangue. Esta glicosa vaise metabolizar e envíase para producir enerxía nos diferentes órganos do noso organismo. Pero esta glicosa metabolízase tan rapidamente que ó pouco tempo volvemos ter sensación de fame.
O papel que ten a fagomina é diminuír a absorción da glicosa e amidón que se encontra en grans, pasta ou patacas, para impedir un exceso destes manténdoos a un nivel equilibrado e no caso de persoas con obesidade, retrasa o apetito, polo que tamén é coñecida como “molécula antifame” Pero este elemento non só se podería utilizar con persoas que padezan obesidade, senón que tamén naquelas persoas con diabetes nos que actuaría como substitutivos da insulina.
Outra utilización que se estuda é combinar esta molécula con pan, galletas, cervexa, fariña... aqueles alimentos que nunha dieta son prohibidos; neste caso a fagomina o que evita é a acumulación de graxas.

Biolglane é unha empresa biotecnolóxica situada en Barcelona, en dónde investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) están levando a cabo numerosos estudos sobre a produción desta molécula natural. Hoxe en día, en países como España e Francia, xa podemos atopar no mercado alimentos preparados por medio desta molécula. Aínda así, continúan os estudos para poder investigar máis sobre esta molécula, xa que nun futuro podería utilizarse tamén para previr problemas de beleza como a celulites, problemas de orixe coronario e cardiovascular producidos por un exceso de graxas no noso organismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario