Un dos ingredientes básicos na alimentación é o ovo. Este alimento de orixe animal, que se forma a partir dun óvulo de galiña, posúe grandes propiedades nutricionais, xa que contén nutrientes como proteínas,vitaminas,minerais e aminoácidos esenciais que o noso organismo non fabrica por sí solo, polo que deben ser inxeridos na dieta.
O ovo non posúe hidratos de carbono, a enerxía que aporta o organismo provén dos lípidos, principalmente monoinsaturados e poliinsaturados beneficiosos para unha boa saúde cardiovascular.
Unha das grandes vantaxes que éste posúe é que debido á súa alta concentración de nutrientes e o seu baixo aporte calórico teñen un gran papel non só nas dietas da poboación en xeral, senón tamén na de aquelas persoas con necesidades alimenticias tales como anciáns, adolescentes, xestantes, etc.
No ovo un 30 % do seu peso está constituido pola yema, un 60% pola clara e un 10% pola cáscara. A repartición dos nutrientes repártese entre os dous compoñentes do alimento; a grasa, o colesterol e algúns micronutrientes encóntranse na yema. Por outra banda a clara está formada principalmente por auga, que constitúe o 88%, e proteínas (11%) dónde a ovoalbúmina é a máis importante.
Consideramos unha ración 100 gramos de parte comestible, que serían dous ovos, que nos aportan unhas 141 kcal, o que supón un 7% da enerxía diaria recomendada para un adulto.
Para poder beneficiarnos de todas as ventaxas nutricionais, o ovo debe cociñarse ata que a clara esté coagulada. O quentamento facilita a dixestión das proteías do albumen, a liberación de algunhas vitaminas e minerais e a destrucción de posibles microorganismos contaminantes.
Non é recomendable consumir grandes cantidades de ovo crudo, xa que contén unha sustancia chamada avidina que actúa como antinutriente, posto que bloquea a absorción da biotina, podendo orixinar deficiencias vitamínicas observada en culturistas que tomaban unha clara cruda para aumentar a masa muscular.
Para a desnaturalización da avidina, a técnica utilizada e o cociñado do ovo, que permite que a biotina quede biodisponible.
Ata fai poucos anos, a gran desvantaxe que se lle atribuía o ovo era o incremento de problemas cardiovasculares debido a que o consumo de este alimento elevaba os índices de colesterol en sangue en persoas sanas. Estudios recientes demostran que a pesar do seu contido en colesterol (200gr/unidad) non aumentan o risco de problemas cardiovasculares, posto que proporcionan fosfolípidos e grasas insaturadas que xunto con outras vitaminas e antioxidantes preveñen da arterioesclerosis.
¿Que puedo hacer si no me gusta el huevo??? ¿Hay algún alimento parecido?? Porque uff que asquito
ResponderEliminarSe non che gusta o ovo hai varios alimentos que poden sustituir os seus nutrientes, así como o leite, carne roxa e queixo, entre outros.
ResponderEliminar